Hoxe é Sábado 18 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar en Redondela polas declaracións dun deputado do PP negando as mortes de presos en San Simón

colonia1

Foto: cultura.gal

A Asociación Alén Nós, integrante do movemento memorialístico galego, censura as palabras do popular José Luis Ferro que “teñen a intencionalidade política de negar o franquismo”. Dende o goberno local adiantan que pedirán ao pleno declarar “persoa non grata en Redondela” ao deputado do PP.

A represión que houbo en San Simón é indiscutible, houbo fusilados na propia Illa e tentar minimizar o sufrimento que padeceron os centos de presos que estiveron aí encarcerados por parte do réxime franquista supón unha negación histórica ”o que pretenden este tipo de declaracións é desvirtuar o que alí acontecía “un lugar de represión atroz”.

Gonzalo Balo, Alén Nós

Así o explicaba Gonzalo Balo dende Alen Nós, asociación integrante de Iniciativa Galega pola Memoria,  en resposta as palabras que este mércores se escoitaban no Parlamento Galego na voz do popular José Luis Ferro quen afirmou que “non temos constancia a día de hoxe pola documentación que existe que houbera mortes na illa de San Simón salvo abusos do director daquel momento da prisión que foi pasado polo coitelo, o mesmo director da prisión porque trataba mal os presos”.

José Luis Ferro, Deputado do PP no Parlamento

Unhas declaracións que para Andrés Laxe, tamén de Alén Nós “non son froito da ignorancia, teñen unha intencionalidade política clara de negar o franquismo”.

Andrés Laxe, Alén Nós

Opinión que comparte tamén a  alcaldesa de Redondela, Digna Rivas quen acusou a José Luis Ferro Iglesias de “branquear o franquismo, actuando como cómplice da ultradereita e boicoteando o acordo pola Memoria Democrática”. Rivas anuncia que no próximo pleno da Corporación proporase a declaración de Ferro Iglesias como “persoa non grata en Redondela”.

Lamenta o silencio do PP de Redondela e confía en que a formación se pronuncie facendo pública “a súa consideración sobre o pasado de San Simón e a súa posta en valor como Lugar de Memoria Democrática”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará