Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Operarios de Audasa traballan nun dos piares da Ponte de Rande

RR_Noticias

Veciños da zona denunciaran semanas atrás o desprendemento dun cacho de formigón dun dos piares. Lembran que dende o Ministerio os acusaran de “alarmistas” aínda que agora están a realizar labores de mantemento e mellora no viaduto.

Técnicos e operarios de Autopistas do Atlantico realizan labores de mantemento e reparación nas piares da ponte de Rande. Uns traballos que comezaron logo de que a asociación de afectados pola ampliación da AP-9 denunciaran hai semanas o desprendemento dun cacho de formigón dun dos piares.
Aínda que o Ministerio de Fomento minimizou o problemas asegurando que se trataban da caída dun pequeno bloque de formigón do recubremento, o certo é que estes días se pode ver a varios operarios  realizando diferentes traballos na ponte, encamiñados a mellorar a imaxe da infraestrutura pero tamén a comprobar de preto o estado do viaduto que xa cumpriu máis de 30 anos de actividade.
O colectivo de afectados critica que o ministerio reste importancia aos desperfectos detectados na Ponte, argumentando que os da asociación son uns “alarmistas que non queren a ampliación de Rande”, xa que os traballos que estes días se están a realizar na base da infraestrutura si confirman o pertinente das súas denuncias.
Engaden que segundo consultas realizadas a veciños do lugar ninguén lembra estadas, operarios ou outros tipo de actuación nos piares dende a posta en funcionamento da vía.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará