Hoxe é Sábado 18 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música tradicional e teatro familiar na oferta cultural de Soutomaior

kyoki

A Igrexa de San Salvador en Soutomaior acolle este sábado a actuación do grupo Catro nun zoco ás 21:00 horas. O domingo a cita será co teatro a cargo de Elefante Elegante quen presenta no Multisos de Arcade ás 17:30 horas o espectáculo infantil “Kyoki”.
Este sábado, 18 de xaneiro, chega a Igrexa do Divino Salvador (Soutomaior) o concerto de Catro nun zoco, grupo formado por Mini, Iria, Navia Rivas e Mariña Quintillán. Un concerto de música tradicional e música de autor o sábado ás 21:00 horas con entrada de balde ata completar o aforo.
O domingo, da man da Deputación de Pontevedra chega a obra teatral para público familiar e infantil “Kyoki”, a cargo da compañía Elefante Elegante. A peza poderá verse no Multiúsos de Arcade a partir das 17:30 horas. “Kyoki” é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade. O título significa “demencia” en xaponés, e refírese a unha alteración da capacidade para lembrar, pensar ou tomar decisións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará