Hoxe é Xoves 13 de Marzo de 2025

Detido un veciño de Redondela de 50 anos logo de roubar nunha casa en Cedeira

camiño cardosas

O home foi sorprendido polas propietarias do inmoble cando saía do domicilio. Malia que tentou fuxir foi finalmente localizado polos axentes da Policía Local de Redondela, procedendo a súa detención. Está previsto que ao longo da xornada de hoxe sexa posto a disposición xudicial.

O varón, un vello coñecido da Policía Local, era sorprendido a primeira hora da tarde de onte  nunha vivenda no Camiño das Cardosas na parroquia de Cedeira polos propietarios dunha vivenda cando abandonaba o domicilio. Ao verse sorprendido tentou fuxir malia que o increparon e tentaron detelo. Logo de chamar a Policía e facilitar a descrición do individuo, os axentes lograron localizalo preto da zona. Malia que o detido negou ter roubado en ningunha vivenda portaba con el algunhas das xoias subtraídas polo que se procedeu a súa detención.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: