Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un curso de defensa persoal e un obradoiro de fotografía, propostas de Igualdade para novembro

RR_Noticias

A Concellería proponlle ás mulleres que aprendan técnicas básicas para defenderse ante un eventual ataque. Convida tamén aos máis novos a reflexionar sobre a violencia de xénero a través dun curso de fotografía. Ambas as dúas actividades arrincarán na primeira semana de novembro

O vindeiro martes arranca un curso de fotografía orientado a mozos e mozas do concello baixo o lema “As imaxes da violencia”. Os participantes ademais de aprender técnicas da fotografía, como encadrar, captar o movemento e iluminar tamén traballarán sobre a violencia de xénero a través desta disciplina. O obxectivo do curso é que os asistentes reflexionen sobre este problema social e poidan evitar padecer , promover ou permanecer indiferentes ante a violencia de xénero. O curso terá unha duración de vinte horas e impartirase todos os martes do mes de novembro de 17:30 a 19:30 horas na Casa da Cultura.
Defensa persoal
Por outra banda, a Concellería organiza tamén un curso de defensa persoal para mulleres que se impartirá todos os mércores de novembro a partir das 20:00 horas no ximnasio DoYang. O obxectivo desta actividade é proporcionar ás participantes técnias básicas e ferramentas para afrontar unha suposta situación de risco persoal na que se ataque fisicamente a súa integridade.
A participación en ambos os dous cursos é gratuíta, poden inscribirse no Centro de información ás mulleres, na rúa Isidoro Queimaliños ou ben chamando ao teléfono 986 40 80 43.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará