Hoxe é Sábado 15 de Marzo de 2025

Resultados dispares para os equipos locais que deixan unha derrota para o CD Choco e unha vitoria para o CD Cesantes

WhatsApp Image 2025-02-03 at 13.38.53

A última xornada deixou emoción e contrastes para os conxuntos da zona. En Preferente, o CD Choco caeu con dignidade (2-1) ante o CD Barco, mentres que en Primeira Galicia o Arcade sumou un triunfo clave (0-1) e o CD Soutomaior rescatou un empate (1-1). Na Segunda Galicia, o Atlético de Villar segue en caída tras perder 3-2, e en Terceira, o Chapela CF sufriu unha goleada (0-6), mentres que o CD Cesantes brillou cunha gran vitoria (0-3). A tempada avanza e cada punto pode marcar a diferenza nos obxectivos de cada equipo.

Preferente O CD Choco caeu na súa visita ao CD Barco cun axustado 2-1. O encontro non era sinxelo, xa que os anfitrións ocupan a segunda posición da táboa, mentres que os redondeláns seguen na parte baixa da clasificación tras encadear dúas derrotas e un empate. O único tanto do Choco chegou no minuto 90’+4 da man de Xian.

As sensacións foron máis positivas, especialmente ao recuperar a boa imaxe do equipo tras as dificultades do inicio de tempada, como ocorreu na primeira volta cando perderon 5-0 contra o Portonovo, un rival que históricamente é máis forte. Na crónica do partido contra o Barco, o adestrador do Choco destacou que “na primeira parte tivemos dúas ocasións claras e empezamos dominando, mantendo a posesión e controlando o xogo. A segunda parte tamén comezou ben, pero a expulsión de Iker no minuto 55’ condiciou moito o noso xogo, xa que xogamos con dez xogadores durante boa parte do segundo tempo”. A pesar da inferioridade numérica, o equipo aguantou sen pasar grandes apuros, aínda que o rival finalmente puido impoñerse.

O técnico mantén a esperanza de que as boas sensacións experimentadas nos últimos encontros se traducirán en puntos nos próximos partidos, co obxectivo de escapar da zona perigosa da clasificación.

Primeira Galicia O CD Soutomaior logrou un empate (1-1) ante o Atlético Cuntis CF como local. O equipo segue loitando na parte baixa da clasificación, situándose quinto pola cola. Sergio foi o autor do gol no minuto 90’+5.

Pola súa parte, o Arcade sumou unha vitoria importante fóra da casa ante o Marcon Atlético por 0-1. Con este triunfo, suman dous puntos máis e colócanse cuartos na clasificación. Lucas marcou o único gol do encontro no minuto 78’.

Segunda Galicia O Atlético de Villar continúa sen atopar a senda do triunfo nesta segunda volta da liga, acumulando tres derrotas consecutivas. Esta fin de semana caeron por 3-2 ante o Club Peñasco como visitantes, deixando escapar unha nova oportunidade de puntuar.

Terceira Galicia Dura derrota para o Chapela CF, que caeu goleado por 0-6 na casa ante o Celta Academy. A pesar do resultado adverso, o equipo mantense en oitava posición na táboa xeral e seguirá loitando nas próximas xornadas.

O CD Cesantes tivo mellor sorte na mesma categoría e logrou unha convincente vitoria por 0-3 ante o Campaño SD. Os goles de Roi (38’), Andy (39’) e Alex (55’) permitiron ao equipo sumar tres puntos valiosos na competición.

O encontro quedou ben encamiñado antes do descanso, cun 0-2 que lles deu tranquilidade para afrontar a segunda metade. No segundo tempo, os de Cesantes souberon xestionar o partido con solvencia, dominando o xogo e aproveitando o baixón físico do rival para sentenciar cun terceiro gol.

O equipo segue unha traxectoria ascendente esta tempada, sumando puntos de maneira progresiva e consolidándose nunha meritoria sétima posición. Con moita competición por diante, aínda soñan con achegarse aos postos de podio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: