Hoxe é Sábado 15 de Marzo de 2025

O Campito Chapela regresa á senda do triunfo

WhatsApp Image 2025-02-03 at 15.31.48

A fin de semana deixou emoción e contrastes para os equipos de fútbol sala de Redondela, cunha vitoria crucial da SD Pazos en Terceira División e un importante triunfo do Campito Chapela en Preferente.

A SD Pazos acadou tres puntos fundamentais na xornada 19 da Terceira División tras impoñerse por 4-5 ante o ADFS Bueu. O encontro estivo marcado pola intensidade e os constantes cambios no marcador, pero o conxunto visitante soubo xestionar mellor os momentos decisivos para levarse a vitoria.

Os goles do equipo foron obra de Martín, que asinou un dobrete, Jacobo, Luis e Simón, que contribuíron a manter ao Pazos na loita polos postos altos da clasificación. Con este triunfo, o equipo sitúase na cuarta posición da táboa con 36 puntos, consolidando a súa boa dinámica nesta tempada.

O próximo reto da SD Pazos será contra o Begonte FS, un partido clave onde buscarán seguir sumando para achegarse aos postos de ascenso.

A Preferente tamén deixou contrastes para os conxuntos redondeláns. O Campito Chapela conseguiu a primeira vitoria da segunda volta tras encadear catro derrotas consecutivas. Impúxose ao Vincios Gondomar por 3-1 grazas aos goles de Pablo (21′), Alejandro (37′) e Pedro (39′). Con este triunfo, o equipo afástase dos postos de perigo e colócase na metade da táboa.

Pola súa banda, o Redondela FS caeu ante o Pizarras Los Tres Cuñados FS por 4-3, nun duelo directo entre dous conxuntos do podio. A pesar da derrota, o equipo mantense na segunda posición da clasificación. Os goles do Redondela FS foron obra de Mario (0′ e 39′) e Óscar (22′).

O encontro do Arealonga FS foi suspendido e queda aprazado á espera de confirmación dunha nova data.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: