Hoxe é Sábado 15 de Marzo de 2025

A Asociación de veciños de Romariz e Elena Varcárcel, premiados na XXIII edición do certame da Camelia

PREMIADOS XXIII EDICIÓN CERTAME DA CAMELIA

O certame contou con máis de medio centenar de participantes entre os expositores, centros escolares, comercio e hostalería. Este ano como novidade e de xeito puntual celebrouse na Casa do Pobo do Val – Sobral.

Un certame que contou con premios económicos en todas as categorías, (centros educativos, comercio e hostalería e a exposición no Val – Sobral) así como co premio especial Lelita Gradín, este ano,  como novidade, que implicou a artesanía local cunha peza deseñada por León Lagata. Outro dos premios que tamén se outorgaron nesta XXIII edición é o premio á inclusividade, que recaeu no centro de día Boas Apertas.

O expositor de Asociación Veciñal San Benito de Romariz fíxose co primeiro premio, Eva Martínez Seoane recibiu o segundo e en terceiro lugar quedou clasificada Olalla Castrillo.

Entre os escaparates mellor decorados o xurado premiou a Peña de Francia, seguido de neumáticos arcade e recibindo o terceiro premio o restaurante Muxica.

Houbo tamén galardón para os centro escolares, clasificándose en primeiro lugar o Colexio Manuel Padín Truiteiro, en segundo o Colexio Santiago Apóstol e en terceiro a escola de educación infantil de Romariz.

O premio especial Lelita Gradín foi recollido por Elena Varcárcel Baqueiro.

O goberno local a través das concelleiras Silvia Cernadas e Rosana Comesaña, agradeceron a “colaboración do comercio e hostalería pola súa implicación e traballo nesta edición da Camelia, facendo posible que o ambiente se viva durante días no concello, e incluso os máis fans desta flor realizan rutas e visitas aos escaparates que locen os comercios e cafeterías e restaurantes durante estes días de celebración”.

Tamén o alcalde, Manu Lourenzo, amosou a súa satisfacción co resultado final desta edición da Camelia “un ano máis o noso concello convértese nun punto de referencia grazas a esta flor tan nosa, unha flor que tanto simboliza e evoluciona coa paso do tempo. Unha flor que convida ao noso concello a todas aquelas persoas que sente curiosidade pola camelia ou que queren estar presente unha vez máis neste Certame para visitar os postos expositores nos que se presentan tantas novidades cultivadas nas terras galegas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: