A cita gastronómica fora adiada por mor do temporal que azoutou Redondela na fin de semana das festas patronais. A comisión decidiu non suspender a celebración e aprazouna cara o domingo día 9 de febreiro. Así, o evento terá lugar no patio cuberto do Centro Sociocomunitario de Trasmañó. En total hai vendidos máis de 200 tickets, pero aínda quedaría oco para uns 50 comensais a maiores.
Dende a comisión animan aos amantes do cocido a achegarse a unha cita na que haberá ademais sorpresas de última hora e que se celebrará nun recinto cuberto e climatizado para garantir a comodidade dos asistentes.
O presidente da comisión, Juan González lembra que “haberá cocido a fartar” nunha festa que quere converterse nun referente en toda a comarca.
