Hoxe é Venres 11 de Abril de 2025

Chapela acolle o XX Memorial Paco Fenosa

470202075_1135416031923013_7086564718977783346_n

Foto de MAChremo

O C.R. Chapela organiza esta domingo a regata de traiñas en memoria do que fora o primeiro presidente do club de remo Francisco Alonso Loureiro. Participarán embarcacións de toda Galicia nas categorías masculina, feminina, base e veteranos.

As probas que forman o programa disputaranse con sistema contrarreloxo con saídas dos equipos a intervalos dun minuto. Como é habitual divídese en quendas por categorías con saída dende o Paseo de Cardona. A primeira comezará ás 11.00 horas, para as categorías base e veteranos que farán un percorrido de 4 km. Na segunda quenda, ás 11.30 horas, participarán as traiñeiras da categoría Feminina que farán os 5,5 km oficiais.  A derradeira vez sae ás 12:00h coa participación das traiñeiras sénior masculinas que farán tamén os 5,5 km oficiais.

Entregaranse dúas bandeiras as tripulacións sénior con mellores tempos, (feminina e masculina. O Club Remo Cabo dá Cruz foi o gañador do ano pasado. Impúxose no XIX Memorial “Paco Fenosa” en 2024 nas catro categorías en que tomou parte, absolutos e veteranos tanto en categoría feminina como en masculina. O domingo os anfitrións tentarán roubarlle o trono.

A proba está consolidada como “unha festa do remo” para a parroquia, na que os deportistas dos diferentes clubs galegos se dan cita para “medir forzas” na categoría raíña neste inicio de tempada. Dende o club confía en igualar ou mesmo superar a participación de embarcacións do ano pasado, con máis de trinta traiñeiras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: