Os lodos procedentes da obras en Reboreda e unha substancia abrancazada vertida á altura dos túneles no Val do Maceiras tinguía as augas do Alvedosa de marrón e gris de xeito alternativo. O Concello remitiu unha vez máis os informes á Augas de Galicia, organismo a quen lle compete actuar nestes casos
Lonxe quedaron os tempos en que as augas do río Alvedosa baixaban tinguidas de diferentes cores polos vertidos das tinturas empregadas na camisería de Regojo. Agora son outros os vertidos e outras as cores que atopamos na súa canle. Así, estes días puidemos ver as súas augas de cor gris ou marrón.
Todo indica que os vertidos proceden das obras do AVE, tanto das que se están a realizar en Reboreda como no Val do Maceiras en Negros.
No primeiro dos casos os movementos de terra que están a realizar as máquinas que traballan na parroquia de Reboreda e a pouca consistencia das barreiras de protección provoca que as chuvias arrastren as terras á canle do río, Algo que acontece de xeito reiterado cando se producen precipitacións e que se traduce en que as augas baixen de cor marrón.
Mías espectacular foi o vertido que tinguía de gris o Alvedosa na xornada de onte. Neste caso todo apunta a que se trata de restos de po e de material rochoso procedente das obras dos túneles que se realizan no Val de Maceiras nas parroquias de Negros e Cedeira.
Segundo explicaron fontes municipais sospeitase que logo de seren retiradas do túnel as pedras pasan por unha fase de tratamento é o material sobrante é devolto ao río. A ausencia de peixes mortos desbota en principio que se trate dun vertido tóxico aínda que deberá ser Augas de Galicia quen determine a través dun análise das Augas a orixe do problema e as súas consecuencias.
Dende a Concellería de Medio Ambiente de Redondela responsabilizan destes reiterados vertidos á Xunta, xa que segundo explicou onte no pleno o concelleiro Carlos Pazos “é a Consellería quen ten competencias para actuar nestes casos”.