A Plataforma en defensa da enseada San Simón reclama á Autoridade Portuaria a paralización inmediata do concurso de explotación para a explanada de 22.500 metros cadrados no litoral de Rande, xunto o antigo cargadeiro de mineral, así como o espacio e Punta Chapelisa, que pretenden empregar como almacén de colectores.
Dende a presidencia da Plataforma, Antonio Lores, insiste en que a autoridade portuaria “ten previsto ampliar unha parte do Porto de Vigo cara o estreito de Rande a pesar de tratarse dunha enseada afectada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e que polo tanto debería estar especialmente protexida. Entende que a insistencia dos responsables do organismo portuario de seguir adiante cos seus proxectos empresariais no estreito de Rande responde as presións que as empresas xa asentadas no litoral están a exercer sobre o poder político Sobre as consecuencias que un potencial almacén de colectores tería sobre os veciños insisten en que se incrementará o tráfico pesado, a contaminación no mar e o ruído. Lores denuncia unha vez máis que ambas as dúas explanadas fixéronse sen permiso nin do concello e sen expediente público na Autoridade Portuaria e “sen que o proxecto se expuxera a información pública para que os cidadáns puideran presentar alegacións”. Motivo polo que se presentaron senllas denuncias en ambos os dous organismos “sen que esas autoridades fixeran caso algún”.