Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP acusa ao goberno de silenciar á oposición ao rexeitar as súas peticións de comparecencia

RR_Noticias

Lembran que no pleno ordinario de Novembro rexeitáronse ás súas demandas para que compareceran os concelleiros socialistas Carlos González e Eduardo Reguera e que a nacionalista Anxeles Babarro marchou da sesión cando o PP tiña presentado “en tempo e forma” unha petición de comparecencia da responsable de Participación Cidadá

O Partido Popular cualifica de “intolerante” o comportamento do goberno local por intentar segundo explican “silenciar ao oposición ao rexeitar as dúas comparecencias solicitadas, en tempo e forma, polo grupo municipal do Partido Popular e unha terceira que non se puido levar a cabo ante a ausencia máis que cuestionable da edil responsable”.
Explican dende o PP que as dúas peticións de comparecencia que afectaban a concelleiros socialistas non foron posibles polo voto en contra dos membros de PSOE e BNG quen alegaron “a falta de concrecións nas solicitudes presentadas” para rexeitar a commparecencia tanto do edil de cultura e presidente da Comisión de facenda Eduardo Reguera como do responsable de deportes Carlos González.
Finalmente, subliña o popular Alberto Pazos que a terceira das solicitudes presentadas afectaba á responsable da Concellería de Normalización Lingüística e Participación Cidadá, Ángeles Babarro, que marchou do pleno ao comezar o último dos puntos da orde do día de control político dos órganos de goberno municipais. Unha actitude que dende o PP cualifican de “lamentable, tendo en conta que era coñecedora con suficiente antelación da súa comparecencia polo que non é de recibo que se levante do pleno e se vaia para, segundo ela dixo, ir actuar co seu coro”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará