Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios premian a fidelidade ao comercio local cun soldo de 500 euros durante medio ano

RR_Noticias

En total son 3.000 euros os que recibirá o afortunado que se faga co premio que a Asociación de empresarios entregará a unha das persoas que durante estas datas de Nadal realice as súas compras no comercio local. Para favorecer a accesibilidade á vila os clientes recibirán bonos de parking por cada dúas compras.

Un soldo de 500 euros mensuais durante seis meses é o único premio da Campaña de Nadal que ten en marcha a Asociación de Empresarios coa que se quere premiar a fidelidade dos clientes ao comercio local. Con todo, a novidade principal na campaña deste ano atopámola no conxunto de medidas de mellora de accesibilidade que pon en marcha o colectivo. Así, por unha banda, a partir do 22 de decembro os clientes do comercio asociado recibirán por cada dúas compras unha hora de aparcamento gratuíto no parking do centro da vila. Un xeito de promover que os veciños se acheguen ao casco urbano a facer as súas compras sabendo que non terá problema á hora de estacionar o seu vehículo. Na mesma liña, dende a Asociación promóvese tamén o uso do transporte urbano cun “pasatransporte”, un folleto que persegue dar a coñecer ás liñas de autobús que comunican o centro da vila coas parroquias e concellos limítrofes. Tamén se sorteará entre os usuarios do transporte público un bono que lles permitirá viaxar durante un ano de xeito gratuíto nos autobuses da contorna.

Julia Alonso técnica empresarios
Un soldo durante seis meses
Mellorar a accesibilidade
Aparcamento gratuito a partir do 22 de decemro
Transporte urbano
Favorecer o seu uso e sortear un ano de transporte gratuito

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará