Hoxe é Venres 14 de Marzo de 2025

As mulleres contan: Soledad Chayán

Soledad Chayán, emprendedora, formada en turismo e apaixonada da historia local, está detrás da iniciativa “Redondela Mellor con Guía”, un proxecto que, segundo explica, busca “conectar aos visitantes coa rica historia e cultura de Redondela”. Con moito esforzo e sacrificio a proposta foi espallándose e chegando cada vez a un maior número de público que busca experiencias personalizadas, ofrecendo un servizo próximo e profesional para descubrir Redondela dun xeito ameno e diferente.
Malia que os inicios foron duros, nos que se viu obrigada a compatibilizar este traballo con outros que lle permitían subsistir, pouco a pouco foi sumando percorridos e colaboracións tamén coa administración pública que lle permiten dedicarse exclusivamente a esta oferta turística da que gozan veciños e visitantes.
Como en tantos outros eidos, este sector tan feminizado continúa tendo un teito de cristal porque mentres o traballo de guía está en mans maioritariamente de mulleres, os traballos directivos no sector turístico permanecen nas mans dos homes.
Falamos de todo isto no espazo “As mulleres contan. Percorrrendo o camiño” da Radio Municipal de Redondela en colaboración coa Concellería de Igualdade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Ana Pereira – Grao en Farmacia

Nesta entrevista con Ana Pereira, farmacéutica de Redondela, exploramos a súa traxectoria académica e profesional no mundo da Farmacia. Falamos sobre a súa experiencia estudando o Grao na USC, as

Escoitar audio »
Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: