Hoxe é Sábado 15 de Marzo de 2025

Estudantes e profesores do Colegio Hogar retiran 268 kilos de lixo e especies invasoras do areal de Cesantes

voluntariado

A iniciativa, promovida por Afundación desenvolveuse na mañá deste mércores na praia de Cesantes e consistiu nunha dobre xornada de voluntariado medio ambiental consistente na retirada de lixo mariño da parte superior da praia e de flora exótica invasora da zona dunar.

A actividade é dobre porque se centrou na retirada do lixo mariño, principalmente residuos e obxectos de plástico así como aqueles que teñen a súa orixe na actividade pesqueira como cordas, cabos, redes, nasas, sedelas, aboias, e unha gran cantidade de tarugos plásticos empregados nas bateas para evitar a caída dos mexillóns. En total foron 75 kilos de lixo.

Por outra banda os participantes traballaron na eliminación de flora exótica invasora da zona

dunar que supoñen unha grave ameaza para  estes ecosistemas, como a margarida africana, retirando un total de 194 kilos de plantas invasoras.

A actividade está enmarcada dentro do proxecto Plancto, plan de conservación territorial impulsado pola obra social de Abanca e conta coa colaboración do Concello de Redondela, quen se encargará da xestión dos residuos e plantas retiradas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: