Hoxe é Sábado 15 de Marzo de 2025

A praza da Carreira dos Bolos da Pedreira xa loce a súa nova imaxe

pedreira praza

As obras realizadas pola empresa de Construcións Castro supuxeron un investimento de 200.000 euros, financiados polo Concello de Soutomaior ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Unha actuación que supuxo a modernización do espazo coa instalación de bancos de pedra e a retirade de antigos elementos.

O proxecto finalizado nesta xornada e deseñado polo estudo Cendón-Vázquez Arquitectos supuxo a realización de traballos de humanización na contorna da praza da Pedreira, modernizando os espazos que a conforman. As obras buscan devolverlle a este espazo o carácter de centralidade do barrio e compren o obxectivo de recuperar a esencia tradicional desta praza na que hai décadas os veciños e veciñas do barrio xuntábanse para xogar aos bolos celtas.

O goberno local recibía na xornada de onte esta obra que é un exemplo, en palabras do alcalde Manu Lourenzo da aposta do goberno local por un modelo de transformación urbana e rural que mellore a calidade das veciñas e veciñas. O obxectivo final é crear puntos de centralidade no rural que axuden a fixar poboación ao converter estas parroquias en puntos de referencia de calidade de vida e mobilidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: