Hoxe é Sábado 15 de Marzo de 2025

A Xunta encarga a restauración da escultura do Capitán Nemo de Cesantes ao escultor Sergio Portela

escultura3

O mal estado da escultura instalada na praia da Punta no ano 2004 en homenaxe á novela Vinte mil leguas de viaxe submarina de Xulio Verne levou ao colectivo Alén Nós a reclamar o seu arranxo. Alertan do estado de deterioramento que presenta o conxunto cun dos seus buzos derruído e o outro completamente cuberto de moluscos o que faría perigar tamén a súa integridade. A Xunta asegura agora que xa está encargada a restauración do monumento en cuxa rehabilitación xa se terían investido “uns 20.000 euros nos últimos 12 anos”.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo asegura que dende a súa instalación hai máis de vinte anos o conxunto escultórico realizado polos artistas Ramón Lastra e Sergio Portela ten sido sometido a accións periódicas de restauración polo deterioro que sofre e que atribuíu “ao castigo que lle provocan as inclemencias do tempo e a certos episodios de vandalismo”.

En todo caso, Anxo M. Lorenzo anunciou que xa está encargada unha nova rehabilitación ao escultor Sergio Portela desta peza e salientou que, desde 2012, a Consellería de Cultura ten realizado unhas catro intervencións, “cun custo aproximado duns 20.000 euros por todas elas”.

Titularidade San Simón

O representante da Consellería de Cultura reclamou tamén a transferencia das Illas de San Simón e San Antón “despois de que a Xunta leve más de 30 anos xestionando, preservando e divulgando” este espazo da provincia de Pontevedra, é de xustiza que o Goberno central lle transfira a súa titularidade a Xunta” e salientou os “importantes esforzos” que durante estes anos leva realizando o Executivo autonómico na conservación e en garantir o funcionamento deste enclave con investimentos periódicos na súa restauración, “que se elevan a case 1 M€ só no período 2022-2024”. Por estes motivos, e tendo en conta que a cesión do Estado á Comunidade rematará en dous anos, interpretou como “o máis razoable” que “Galicia a reclame con pleno dereito”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: