Hoxe é Domingo 16 de Marzo de 2025

A comparsa “Vivamos como galegos” do colexio de Laredo animará a Queima do Berete

comparsa-chapela-2

Fotos: Imaxes da comparsa do CEIP Laredo durante a participación do Berete o ano pasado

Un cento de rapaces, pais e nais do Colexio de Chapela participan un ano máis nunha celebración do Entroido que supón o peche ás actividades do carnaval en Redondela. Será coa Queima do Berete que, logo de ser adiado o pasado sábado polo mal tempo, está previsto que se celebre este sábado día 15. Unha actividade caracterizada pola participación de asociacións, colectivos e clubs deportivos da propia parroquia que son os encargados de animar a comitiva con saída no alto da Encarnación ás 17:00 horas e final na praia de Arealonga en torno ás 21:00.

Martín Diéguez, presidente da Anpa

Facer comunidade é o obxectivo principal dunha iniciativa que a Anpa do Laredo leva anos organizando: a formación dunha comparsa para participar no Enterro do Berete. Animados pola “rivalidade” entre as diferentes asociación e colectivos da parroquia, este ano son preto dun cento de persoas as que participan dunha comparsa que leva por nome “vivamos como galegos” cun ambiente moi de Entroido onde non faltarán disfraces que nos levan a Entroidos doutro puntos da xeografía galega así como as “matriarcas”. Sairán a rúa acompañados dunha “carroza espectacular”.

Detrás moito traballo, xa que sempre se busca que os disfraces e a carroza sexan elaborados polos propios participantes o que supón investir tempo e cartos, que confían en poder recuperar levándose algún premio para casa

As comparsas participantes reuniranse ás  17.00 horas do alto da Encarnación. Ás 18.00 horas sairá o desfile acompañado polos percusionistas e tamborileiros de Aperta. Pecharán a comitiva os participantes do Enterro do Berete que fará o seu percorrido ata a praia de Arealonga. A queima do Berete será ás 20.15. A xornada pecharase coa música da discoteca móbil que comezará a sesión ás 20.45 horas no paseo marítimo de Chapela. Unhas actividades que tamén obrigarán a pechar o tráfico na Avenida de Vigo dende as 16:30 ata as 21:00.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: