Hoxe é Domingo 16 de Marzo de 2025

“Sobria y Serena. El Chou” chega a Redondela: un espectáculo irreverente cheo de humor e homenaxe ás mulleres

WhatsApp Image 2025-03-12 at 18.04.27
Entrevista completa a Arantxa Treus.

Auditorio da Xunqueira de Redondela acollerá, este sábado 15 de marzo, un espectáculo que promete moito riso e tamén reflexións sobre a sociedade dende a mirada feminista de Arantxa Treus e Jazmín Abuín. A partir das 20:00 horas, o público poderá desfrutar de “Sobria y Serena. El Chou”, un show que se inspira nos clásicos “late-night” da televisión, pero cunha proposta fresca e diferente, onde as voces femininas son as auténticas protagonistas.

O espectáculo promete unha viaxe de humor e sátira, onde as dúas cómicas abordan temas cotiáns cunha perspectiva única. “Entre broma e broma, a verdade sempre asoma”, afirman Treus e Abuín, resumindo o espírito dunha proposta que xurdiu da súa conexión persoal e da vontade de contar historias desde o punto de vista das mulleres.

Cada función incluirá unha sorpresa: unha “avoa coñecida pola súa coraxe” será entrevistada en clave humorística, representando o seu municipio. “A idea é dar voz ás mulleres maiores, rendirlles homenaxe e destacar o seu valor e a súa forza”, explica Arantxa. A súa identidade manterase en segredo ata o propio espectáculo, pero a humorista adianta que a súa historia sorprenderá ao público.

Este evento forma parte do programa do 8M do Concello de Redondela, que quere render homenaxe ao Día Internacional da Muller cunha proposta cultural fresca, irreverente e chea de humor. A entrada será de balde, para que ninguén quede sen poder desfrutar desta cita chea de humor e verdade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: