Un total de nove clubs de diferentes disciplinas deportivas téñense sumado a esta campaña de promoción do uso do galego no ámbito deportivo. Entre os participantes repartiranse viseiras e bolsas porta-zapatilla co lema “Xoga e fálao, da mañá a noite”
Con esta campaña, posta en marcha pola Concellería de normalización lingüística preténdese achegar á lingua galega ao ámbito deportivo, “un contorno onde non sempre se utiliza a nosa lingua propia malia que unha parte moi importante dos deportistas téñena como lingua habitual”. Entre os club que se sumen á mesma repartiranse unhas viseiras e uns bolsos porta- zapatillas así como uns trípticos divulgativos de léxico relacionado coa actividade deportiva. Polo de agora foron un total de nove os clubs que se sumaron á campaña: o club deportivo Choco, Fútbol Sala Redondela, Escola de fútbol base, o club de Remo de Chapela, o balonmán de Chapela, a SAR, o club deportivo de Cesantes, o grupo de patinaxe Bolboreta e o club de tenis da vila.