Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Conto contigo, unha campaña para regular a tenencia de mascotas

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior puxo en marcha unha campaña que baixo o nome “Conto contigo” pretende que todos os propietarios de cans recollan os excrementos das súas mascotas e respecten as normas básicas de convivencia entre veciños. Entre as iniciativas recollidas na campaña contémplase o reparto de bolsas e habilitouse xa un parque para mascotas no peirao de Arcade

A campaña pretende concienciar as persoas para que manteñan limpas as rúas así como informar da nova ordenanza municipal na que se establecen as normas para o comportamento de animais na vía pública. Con este obxectivo repartiranse un total de 5.000 folletos informativos noas que se dan a coñecer os contidos da normativa onde se recolle a obrigatoriedade dos propietarios dos cans a conducilos pola vía pública sempre atados así como a recoller e retirar das rúas, avenidas, parques e outros lugares públicos as deposición ou materiais similares que deposite o animal, sendo responsable da suciedade que este produza na vía pública. En caso de incumprimento poderían ser sancionados con multa que oscilan entre os 50 e os 600 euros.
Para promover e facilitar aos propietarios dos animais a cumprir coa normativa o concello repartirá un Kit Sanecan, no que se inclúen bolsas así como un dispensador para levalas comodamente. O kit pdoerase recoller nos edificios públicos do Concello como o Multiusos e biblioteca de Arcade así como na propia casa consistorial de Soutamior.
Tense habilitado ademais un espacio público para sacar ás mascotas, un pequeno parque que se atopa no peirao de Arcade, nas inmediación da depuradora.
Dende o concello o alcalde, Agustín Reguera explica que esta iniciativa púxose en marcha ante as molestias dos residentes pola deixadez dalgúns propietario e engade que “ter unha mascota na casa é sempre un motivo de ledicia, dannos moito e a cambio pidennos moi pouco pero unha das cousas que as nosas mascotas non poden facer é recoller os seus excrementos, para nós é moi pouco esforzo, xa que é unha cuestión de hábitos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará