Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Froles Mareliñas celebra o Nadal cun concurso de doces e un obradoiro de cata de viños

RR_Noticias

A sumiller Mercedes González será e encargada de aprender aos asistentes a recoñecer e valorar os caldos galegos nunha xornada de iniciación á cata que se celebrará o 29 de decembro en Chapela. Os afeccionados á cociña teñen a oportunidade esta fin de semana de participar nun concurso de sobremesas de Nadal

Preto de 200 son os socios que avalan a esta agrupación cultural cuxo nacemento oficial hai que datalo en maio deste ano. Eso si, o seu xermolo hai que buscalo nun grupo de danza e música fundado no ano 1958 por Edmundo Fernández Estevez. Foi precisamente na celebración do medio século de historia dese grupo, cando os veteranos decidiron poñer en marcha a “Asociación cultural Froles Mareliñas” que conta xa cunha escola de baile tradicional de nenos, outra de adultos e outra de veteranos así como unha escola de percusión e unha escola de gaita. Organizan tamén actividades puntuais como o concurso de sobremesas de Nadal que vai ter lugar este domingo ás 16:00 horas no novo local do colectivo que se atopa na nave de Renfe, situada en fronte da estación de ferrocarril. A iniciativa é aberta á todas as persoas que queiran participan. Os doces deben ser caseiros e puntuarase a presentación así como o sabor e a innovación. O xurado establece tres atractivos que consistirán nun pack de viño, un curso de cociña e unha cea para dúas persoas no Restaurante El Canario. A asociación organiza ademais un curso de Iniciación á cata de Viños, un obradoiro onde os catadores aprenderán da man da Presidenta da Asociación de Sumilleres de Galicia, Mercedes González a coñecer e identificar os diferentes viños galegos. O custe do curso é de 5 euros para os socios, mentres que o resto deberán abonar 15 euros. Desenvolverase nunca única xornada a partir das 20:30 horas o día 29 de decembro no restaurante El Canario. Os interesados deben inscribirse na oficina Seguros Soto en Chapela

Modesto González "tito" Froles Mareliñas
O presidente da asociación fálanos dos seus obxecivos
Curso de doces
O mellor postre farase cunha cea para dúas persoas no restaurante El Canario
Curso de cata de viños
os participantes aprenderán a valorar os caldos galegos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará