Hoxe é Martes 1 de Abril de 2025

Bebido ao volante por Rande e Chapela

roonda rande

Un mozo de 28 anos enfróntase a un xuízo rápido tras ser sorprendido polos axentes da Policía Local ao volante do seu vehículo conducindo bebido e de xeito temerario polo N-552 en dirección Redondela-Vigo.
O mozo, veciño de Vigo, foi interceptado na Avenida de Vigo en Chapela logo de que varios veciños da zona de Rande alertaran aos servizos da policía local da presenza dun Seat león que estarían realizando derrapes e conducindo de xeito perigoso pola estrada N-552 á altura da rotonda que dá acceso a autoestrada en Rande.
Localizado o vehículo en Chapela os axentes déronlle o alto, presentando o condutor evidentes signos de atoparse baixo os efectos das bebidas alcohólicas polo que se procedeu a realizarlle a correspondente proba de alcoholemia, dando un resultado positivo de 0.76mg/l de aire espirado. O mozo foi citado para xuízo rápido por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: