Hoxe é Martes 1 de Abril de 2025

Luciano Otero denuncia o abandono institucional do concello de Pazos tralos danos sufridos polo temporal

pazos tellado

O alcalde, quen agradeceu a visita do subdelegado do Goberno, Abel Losada, como única autoridade que amosou interese polos efectos dun temporal que deixou sen cuberta a Casa do Concell, lamenta o que considera unha “falta de resposta das principais administracións galegas malia os graves danos causados por Martinho que obrigaron a trasladar os servizos municipais ás instalacións da Biblioteca.

Lembra Luciano Otero que os refachos de vento arrincaron parte da cuberta do edificio municipal, provocando riscos para a seguridade da veciñanza e importantes prexuízos nas instalacións públicas. Malia a perigosidade da situación —con chapas colgando e filtracións de auga no salón de plenos— non foi posible conseguir a intervención dos servizos de emerxencia “os Bombeiros non acudiron e o 112 non resultou útil para xestionar a situación”. A todo isto engade que “nin Xunta de Galicia nin Deputación de Pontevedra estableceron contacto co Concello nin se interesaron polos danos sufridos.

En palabras do alcalde, Luciano Otero, “resulta inxustificable que nin a administración autonómica nin a provincial fixeran unha soa chamada para interesarse polos feitos, nun momento no que os servizos municipais quedaron gravemente afectados e a seguridade das persoas estivo en perigo”.

Agradece que si se desprazara ata Pazos o subdelegado do goberno, Abel Losada, “único representante institucional que se interesou polo acontecido e que durante a súa visita recomendou solicitar á Xunta a declaración formal de emerxencia, paso imprescindible para que o Concello poida acceder ás axudas autonómicas e estatais.

Finalmente, dende o Concello de Pazos de Borbén esixen que tanto a Deputación como a Xunta cumpran coas súas obrigas institucionais e deixen de dar as costas aos concellos pequenos, que tamén forman parte do país e merecen apoio,axilidade e respecto en momentos críticos.

Luciano Otero e o subdelegado do goberno, Abel Losada, inspeccionaron os danos na Casa do Concello
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: