O Centro Cultural de Chan das Pipas organiza diferentes actividades durante as Festas do Nadal orientadas sobre todo aos máis pequenos. Así durante o período vacacional, o Centro Cultural servirá de escenario para a proxección de diversas películas e curtametraxes cedidas pola Axencia Galega do Audiovisual.
A primeira das citas cinematográficas será este mesmo domingo a partir das 17:00 horas coa proxección da curtametraxe “Alistán, o demo oveiro” e a película dirixida por José Luis Cuerda no ano 1987 “El bosque animado”.
O cine continuará o domingo día 2, xornada na que se proxectará a curtametraxe Good night mona mi”. O ciclo rematará o domingo 9 cos títulos “A flor máis grande do mundo” e a comedia de aventuras “Como entrenar a tu dragón”.
A programación preparada pola asociación Chan das Pipas inclúe tamén os tradicionais Cantos de Reis onde poden participar todos os nenos e nenas que o desexen e a celebración o día 4 de Xaneiro dun obradoiro de figuras de chocolate.