Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Belöp gaña o concurso Barakaldo Pop Rock

RR_Noticias

O grupo redondelán Belöp, proclamouse vencedor da cuarta edición do Concurso Barakaldo Pop Rock cuxa final se celebrou a pasada fin de semana na sala Rockstar Live da cidade vizcaína.

En total foron máis de 150 propostas musicais as que recibiu o certame na edición deste ano. Os grupos elixidos para a semifinal foron os barakaldeses Ebony Rose, La galería y The Howl, os vizcaínos La Fea Do, Enkore e Compromiso, o guipuzcoano Xarma, o navarro Las Gafas de Mike, o cántabro Ana Frank, os burgaleses The Sulfators, os madrileños El Mundo de Murphy e os pontevedreses Belöp. As bandas elixidas para a última fases foron La Fea Doris, Enkore, The Holw, Belop e The Sulfators, sendo os redondeláns os que finalmetnen se fixeron co primeiro premio nunha final onde tamén actuaron Los Rebeldes.
Os integrantes de Belop fixéronse así con 1.500 euros do primeiro premios, unha guitarra Fender Black e actuarán nas festas de Barakaldo do vindeiro 2010. O grupo La Fea Doris levouse o premio do público.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará