Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un cento de rapaces participan no Torneo de Nadal das Escolas de Balonmán

RR_Noticias

Alumnos de Primaria de entre 6 e 11 anos participan o xoves no Torneo de Nadal das Escolas Deportivas de Balonmán. Trátase de rapaces que practican este deporte da man da SAR, que salienta a importancia destas actividades para promover hábitos de vida saudable entre os máis novos, ao tempo que forman canteira para o club redondelán. O torneo disputarase a partires das 16:30 horas no pavillón do Instituto Mendiño.

Case un cento de rapaces e rapazas de entre 6 e 11 anos disputarán na tarde do xoves o Torneo de Nadal das Escolas Deportivas de Balonmán. Alumnos de Primaria de colexios de Redondela e Arcade forman parte destes grupos que a SAR se encarga de adestrar ó longo de todo o curso. Antonio Bas, responsable destas Escolas Deportivas, sinala a importancia que teñen estas actividades para os máis novos. Trátase dunha “boa alternativa” ó fútbol, deporte maioritario, que axuda a manter en Redondela a tradición do balonmán, que sempre contou con moita presenza. É un xeito de ofrecerlle ós rapaces e as súas familias unha actividade extraescolar que fomenta “hábitos de vida saudables”. A SAR conta con grupos de balonmán tanto en colexios de Redondela como en Arcade, onde este curso ofreceron por primeira vez a actividade, que contou “con moito éxito de participación”. Como fin de festa deste primeiro trimestre, o xoves dispútase o torneo de Nadal, será a partires das 16:30 horas no pavillón do Instituto Mendiño. Os rapaces estarán divididos en equipos e por grupos de idades, o primeiro cos nenos de 6 a 8 anos, e o segundo cos que teñen entre 9 e 11. Ao longo do curso seguirán organizando actividades, que se centrarán tamén en torneos que se disputarán en Semana Santa e no mes de xuño, coincidindo co fin de curso. Novo adestrador O responsable das Escolas Deportivas, Antonio Bas, valorou tamén moi positivamente a incorporación de Javier Barrios como novo adestrador do equipo senior da Peguform SAR. Cualificouno como un técnico “de garantías” para sacar ó equipo redondelán do pozo no que está inmerso esta liga. O obxectivo do club é salvar a categoría, para o que contan coa dilatada experiencia de Barrios no balonmán de elite.  

Antonio Bas responsable das Escolas Deportivas da SAR
Case 100 rapaces paricipan no Torneo de Nadal
Novo adestrador
Bas salienta a calidade de Javier Barrios como técnico para sacar á SAR do pozo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará