Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pecha o ano con 2.564 desempregados

RR_Noticias

O 2010 despediu o ano do mesmo xeito que o comezou, destruíndo postos de traballo. Segundo os datos aportados pola Consellería de Traballo, o mes de decembro sumou na nosa comarca 165 novas baixas laborais que elevan a 3.976 o número total de desempregados contando os parados de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de montes.

O dato de decembro redondea un mal ano para a creación de emprego. A cifra toca teito e se a finais do 2009 o número de persoas anotadas nas listas do INEM da comarca eran 3.741 doce meses despois esa cifra sumou 165 desempregados máis.
No caso de Redondela o incremento foi dun 4%, xa que hai un ano o número de parados ascendía a 2.458 mentres que a día de hoxe as persoas que se atopan nesa situación son 2564.
O máis preocupante é a tendencia, xa que no último mes destruíronse postos de emprego en toda a comarca, así en Soutomaior a cifra ascende a 787, en Pazos de Borbén a 390 e en Fornelos a 245.
A situación de deterioro do mercado laboral na nosa comarca non defire do que acontece no resto da provincia. De feito Vigo  e o resto dos concellos que conforman a área metropolitana suman 41.884 traballadores desempregados ao peche de decembro do 2010.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará