A parroquia de Cedeira acolle este domingo a XVI edición da Festa da Orella. Logo de dezaseis anos, os organizadores víronse obrigados a pospoñer a data de celebración por motivos económicos. Os comensais poderán degustar as racións de orellas acompañadas de pan e viño a un prezo de 5 euros.
Ainda que tiñan previsto que a cita gastronómica se desenvolvese un ano máis o primeiro domingo de decembro, a redución notable na achega económica que facía a Deputación de Pontevedra fixo que perigase a súa celebración. Finalmente, grazas a que dende o Concello se ofreceron a financiar a carpa que protexerá aos comensais das inclemencias meteorolóxicas, a comisión de festas con Jose Iglesias á cabeza decidiu organizar este evento o domingo día 9. A un prezo de 5 euros os comensais que se acheguen a Cedeira poderán degustar a orella preparada de xeito tradicional acompañado de pan e viño branco e tinto da parroquia. José Iglesias insiste en que “pagarán unha vez pero repetirán as veces que dexesen” As racións comezarán a servirse ás 11:00 da mañá e unha hora despois darase paso á lectura do pregón a cargo de Felipe Bárcena Vérela, Conde de Torrecedeira. A gastronomía estará acompañada da música do grupo “Imagen”.