Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catro películas para lembrar o Maio do 68

RR_Noticias

A película “Os amantes habituais” de Philippe Garrel será a encargada de inaugurar o ciclo que se vai desenvolver durante o mes de Xaneiro. Así, todos os venres proxectarase no Multiusos da Xunqueira ás 20:30 horas unha película que servirá ao público para reflexionar sobre o que se iniciou como unha revolta dos estudantes franceses no maio do 68 e que chegou a ser unha “guerra contra os estados xerais”.

Logo de máis de 40 anos ao entender do organizador do ciclo, Victor Costas, o Maio do 68 segue vivo como podemos comprobar a través dos conflitos sociopolíticos que se espallan nos últimos tempos por Grecia, Inglaterra ou a propia Francia, motivo polo que é un bo momento para recuperar os ideais e analizar as frustracións que houbo detrás daquela revolta estudiantil. O ciclo dará comezo o hoxe venres 7 coa proxección do filme do ano 2005 “Les amants réguliers”. Neste filme, Phillippe Garrel fainos revivir ese momento histórico a través dunha historia de amor ambientada no desencanto producido polo fracaso da revolución perdida. O ciclo continuará o venres 14 coa proxección de “Week End” de Jean Luc Godard. Unha película de 1967 que nos ofrece a través dun repertorio ateigado de metáforas, a dantesca e catastrófica decadencia dunha burguesía atrancada nun embotellamento nunha estrada da campiña francesa, alegoría que o director toma prestada do famoso relato de Julio Cortázar “La autopista del sur”. Xa o venres 21 proxectarase a película brasileira “Terra em transe” de Glauber Rocha. Datada no 1967 trátase dunha das obras máis coñecidas que anticipan ao Maio do ’68 que desarticula o que naquela época deuse en denominar amablemente como “cine político”, para convertelo nun cinema novo. O ciclo finalizará o venres 28 coa proxección do documental “Veinte años no es nada” de Joaquim Jordá, unha proposta revisionista da España dos últimos vinte años, na que o director catalán extrae algunhas secuencias das persoas que viviron a toma da fábrica de electrodomésticos Numax a finais dos setenta. A partir dese feito fai un percorrido vital pola historia dalgunhas das persoas que protagonizaran dita experiencia.

Victor Costas organizador do Ciclo
Unha revolta que segue viva
Les amants reguliers
Unha película de Garrel para abrir o ciclo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará