A parroquia de Amoedo no concello de pazos de Borbén celebra este sábado día 15 as festas na honra de San Mauro, cunha serie de actos relixiosos, verbena nocturna e os tradicionais cocidos con cacheira nas casas da parroquia e restaurantes da zona.
Haberá misas dende as nove da mañá ata a unha do mediodía e novamente pola tarde así como actuación da banda de Música de Redondela. Na verbena actuarán as orquestras Capitol e Ismael. San Mauro é o santo ao que rezan as persoas que padecen enfermidades reumáticas e conta con numerosos devotos tanto na parroquia de Amoedo como no resto da comarca que ateigan a Igexia ao longo do día para pedir ao santo protección fronte ao reuma. Tampouco faltan os que celebran a data polo seu acusado carácter gastronómico, xa que nos domicilio particulares e nos bares da zona non falta nesa xornada un bo prato de cocido con cacheira.