Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xunta e Confraría asinan un convenio para a recuperación de zonas de marisqueo

RR_Noticias

En virtude do convenio o pósito redondelán recibirá 13.500 euros, cantidade que vai dirixida a lograr unha mellora na xestión das zonas de produción mariña, sobre todo para a recuperación de zonas actualmente improdutivas para o marisqueo a pé.

A delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares desprazouse na mañá de hoxe á Confraría de Redondela para asinar co patrón maior do pósito, Clemente Bastos un convenio de colaboración. Unha hora despois a representante da xunta achegouse a Arcade onde asinou un documento semellante co patrón maior da localidade, José Luis Rubianes.
Estas achegas forman parte dunha partida de 100.000 euros que a Consellería do Mar repartirá entre as sete confrarías de Vigo e a súa área. Este protocolo posibilitará a realización de actividades para a implantación de técnicas de semicultivo, a elaboración de plans de explotación, de proxectos de rexeneración de zonas de produción e permitirá facer un seguimento da produción efectiva dos bancos naturais marisqueros.
A iniciativa pretende lograr unha mellora da xestión das zonas da produción, de forma que se poida contribuír de forma sostible a mellorar a xestión e conservación dos recursos, se poida fomentar a transparencia dos mercados de produtos pesqueiros e acuícolas e se mellore a calidade e a seguridade dos alimentos.
Dende a Confraría redondelá, o seu patrón Clemente Bastos valora positivamente a achega de 13.500 euros pero critica que a cantidade total se reparta por igual entre todos os pósitos da zona xa que ao seu entender “o reparto debería ser proporcional tendo en conta o número de asociados de cada unha das confrarías beneficiadas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará