Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O vento levanta o tellado no colexio de Quintela e obriga a suspender as clases ata o luns

RR_Noticias

Os fortes refachos de vento que se producían ao mediodía de onte deixaban un regueiro de incidencias na comarca, sendo a máis destacable no noso concello o levantamento dunha parte da cuberta do colexio de Quintela. A caída dunha árbore obrigaba tamén a pechar a estrada N-555 ás 14:30 horas. Tamén en Cabeiro á mesma hora outra árbore caía nas inmediacións do Centro Cultural

A consellería de Educación en Pontevedra decretou onte a suspensión das clases no colexio de primaria de Quintela logo de que o tellado do centro se vise afectado polos fortes refachos de vento que entre a unha e as dúas da tarde levantaban parte da cuberta do edificio.
Os traballos de reparación, que obrigan a instalar estadas na fachada do edificio, levaron ao departamento de Educación a suspender temporalmente ás clases mentres dure a actuación encamiñada a reparar a superficie da cuberta levantada polo vento e que afecta a un vinte metros cadrados da cuberta.
Está previsto que a actividade escolar se retome o vindeiro luns.
Caídas de árbores
Os fortes ventos provocaron ademais a caída dunha árbore no quilómetros tres da N-555 ao seu paso pola parroquia de Negros. Eran as 14:30 horas cando o temporal provocaba a caída d árbores que quedaba pendurada sobre o tecido eléctrico o que impedía o paso de autobuses e camións. As labores de retirada levadas a cabo por efectivos de protección civil obrigaba a cortar un dos carrís da estrada en sentido Peinador durante aproximadamente media hora. Tamén a mesma hora outra árbore caída nas inmediacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará