O pasado mércores entregaron no Parlamento galego as oitocentas sinaturas xa recollidas no noso concello xunto con outras catorce mil de veciños de toda a comunidade. Os nacionalistas reiterar a súa preocupación polas implicacións da lei de augas terá nas comunidades que xestionan este ben
Logo da campaña desenvolvida en Redondela con catro charlas informativas en diferentes parroquias do concello entenden que se achegou aos veciños e comuneiros as consecuencias que esta lei leva aparelladas tales como “un novo imposto que vai gravar tamén a aqueles veciños que fagan un aproveitamento das augas da choiva para o consumo”. Tamén destacan que aqueles veciños que teñan traída e pozo deberán pagar pos ambos conceptos e que as propias directivas das Comunidades de Augas deberán facer un control mensual do consumo dos comuneiros o que vai complicar a xestión destas entidades.
Amósanse satisfeitos pola campaña desenvolvida que segundo aseguran “serviu para desvelar a verdadeira intención dunha lei que o PP pretendía que pasara desapercibida: o cobro dun novo imposto sen ningún tipo de contrapartida”. Unhas oitocentas sinaturas foron recollidas no concello de Redondela e entregadas xunto a outras catorce mil o pasado mércores no Parlamento Galego. Unha campaña que continúa para demandar que o PP derrogue esta Lei.