As cintas colocadas polos axentes da policía a media mañá de onte foron retiradas pola tarde, segundo confirmou o denunciante José Manuel Crespo. Unha información ratificada pola policía local, quen ten constancia de que xa a media tarde os elementos precintados estaban a traballar con normalidade.
A cinta transportadora, a amasadora e a trituradora para a reciclaxe do formigón, os tres elementos da empresa de formigóns JCA Hormigones de Vilar que foron precintados na mañá de onte estaban a traballar con normalidade pola tarde.
Tal e como acontecera nas nove ocasións anteriores nas que estes elementos foran precintados por orde da alcaldía de Redondela por carecer de licencia de apertura e actividade, responsables da empresa procederon a retirar a cinta as sete da tarde para continuar co traballo obviando a actuación policial.
Unha situación que está xa a ser investigada polo xulgado de instrucción número 2 de Redondela xa que podería ser constitutiva de delito.