Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG alerta no parlamento das consecuencias dos reiterados vertidos do AVE ao Maceiras

RR_Noticias

Os deputados do BNG, Henrique Viéitez, Carme Adán e Isabel Montenegro denuncian na cámara galega as “insuficientes medidas correctoras” adoptadas nas obras do AVE en Redondela e que están a provocar reiterados vertidos ao río Maceiras e Alvedosa. Alertan das “graves consecuencias que poden ocasionar nos recursos hidrolóxicos”.

Os deputados do BNG rexistraron unha iniciativa parlamentaria na que alertan das posibles consecuencias que se poden derivar nos recursos hidrolóxicos por mor dos vertidos ao río Maceiras das obras do Ave ao seu paso entre Redondela e Vigo.
Os nacionalistas consideran que as medidas correctoras son “insuficientes” ou non se cumpren porque os vertidos volven incidir nos cursos fluviais e as balsas de decantación parece que non son “adecuadas” xa que continúa o arrastre ao río Maceiras e ao Alvedosa de elementos perniciosos que afectan tamén a ría e a enseada de San Simón.
Os deputados preguntarán na cámara galega polas causas destes vertidos, as consecuencias que deles se deriven e a lonxitude de afección do río, así como polas previsións do Goberno galego para cumprir a Declaración de impacto ambiental.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará