Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco resulta máis efectivo como visitante

RR_Noticias

As últimas xornadas constatan que os de Julio Álvarez están a facer o seu mellor xogo lonxe de Santa Mariña. Demostrárono o pasado domingo cunha vitoria no campo do Atios, e o domingo pensan repetir en Marín. O técnico atribúe esta situación a que cando xogan na casa están “máis expostos” e fan un fútbol “máis arriscado”.

Despois da vitoria no campo do Carballo o pasado domingo por 1-3, o calendario fai que o Choco volva xogar a próxima semana fóra da casa, será en Marín. Pero lonxe de lamentar que volven ser visitantes unha semana máis, no club case se valora esta situación como algo positivo. De feito nas últimas xornadas os redondeláns demostraron que son mellores lonxe de Santa Mariña. Fixérono na última xornada co Atios, cun partido serio no que despregaron un xogo moi eficaz, igual que fixeran en Vilagarcía. O triunfo serviulles para asentarse na metade da táboa. Son 10º, e o obxectivo da permanencia está xa máis preto. O adestrador, Julio Álvarez, amósase satisfeito coa evolución do equipo, que mellorou en xogo e resultados nas últimas xornadas, pero quere ser prudente. O técnico iniste en que aínda queda “moi traballo”, e o seu obxectivo é sumar canto antes os 50 puntos que se precisan para asegurar a categoría, e logo levar ó Choco “o máis alto posible”. A próxima cita, en Marín, será complicada, xa que é un dos rivais directos dos redondeláns na loita pola permanencia. Álvarez sinala tamén que as condicións do campo, moi aberto, poden condicionar tamén o xogo. Con todo asegura que do mesmo xeito que fixeron no Carballo, o Choco sairá a gañar o partido. Unha vitoria sería “moi importante”, xa que ampliará a oito puntos a vantaxe dos redondeláns sobre os locais.

Julio Álvarez adestrador
O técnico recoñece que o equipo está a resultar máis efectivo fóra da casa.
Marín-Choco
Os redondeláns repiten como visitantes en Marín.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará