Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Servizos sociais constata un retroceso nos logros acadados en Igualdade

RR_Noticias

O deterioro na situación laboral dos últimos meses afecta en maior medida ás mulleres, sendo en Redondela 1.600 as que se atopan en situación de desemprego. As constratacións favorecen pola contra aos homes, que se beneficiaron de 500 contratos fronte aos 173 asinados por mulleres no mes de Xaneiro.

A Concellería asegura que a “realidade social e laboral das mulleres de Redondela non é máis que un reflexo local da situación que se está a vivir en todo o noso país”, e que supón en moitos casos un retroceso nos avances acadados en anos anteriores pois son “as mulleres as máis afectadas polo desemprego e pola actual situación de crise”. Un argumento que exemplifican botando man dos datos da Consellería de traballo, onde se constata que en Redondela hai anotadas nas listas do INEM 1.600 mulleres fronte aos 1.121 homes na mesma situación, isto é o 58,80% das persoas en situación de desemprego son mulleres e o 41,20% son homes. A porcentaxe de mulleres desempregadas, porcentualmente, supera nun 17,60%  o número de homes. Ademais máis da metade das persoas desempregadas, pertencen ao sector servizos (54,86%), sector marcadamente feminizado. Referente ao número de contratacións en xaneiro, os homes superaron ás mulleres (500 contratos con homes fronte a 173 con mulleres ).

Sandra Alonso técnica de Igualdade
os datos relicten a situación da muller no mundo laboral

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará