Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A adxudicación da piscina de Chapela farase por un período de 40 anos

RR_Noticias

Así se establece nas bases aprobadas hoxe por unanimidade do pleno do concello e nas que se recolle que a empresa adxudicataria terá que facer un investimento de dous millóns de euros. Dita cantidade investirase na adquisición de maquinaria e na construcción da segunda e terceira fase do centro de deportes acuáticos que está previsto comece a funcionar a partir de xullo.

O edil de asuntos económicos, Emilio González Iglesias explicaba que a concesionaria deberá investir 800.000 euros en maquinaria e 1’2 millóns nas fases que restan para completar o complexo deportivo de Chapela. Na terceira e cuarta fase contemplase a construcción do prometido spa, a cafetería do centro e a urbanización do terreo que se atopa na parte dianteira do edificio. Unhas obras que segundo asegurou o edil non impedirán que no inicio do verán comecen a funcionar xa tanto a piscina como o ximnasio. De feito, o alcalde Xaime Rei aseguraba que está previsto que a inauguración oficial sexa o sábado 4 de xuño, mentres que con total seguridade os usuarios poderían xa darse os seus primeiros baños na piscina no mes seguinte. Con estas afirmacións, os socialistas contestaban ás dúbidas mostradas durante o pleno por parte do grupo popular. O edil Alberto Pazos demandaba información sobre o estado actual das obras e lembraba que de non cumprirse os prazos establecidos, o concello tería que facer fronte a unha importante sanción económica por tratase duns cartos procedentes do Plan E. Con todo dende a bancada socialista asegurábase que non hai risco “por existir marxe máis que suficiente para rematar a actuación”. Finalmente todos os grupos estiveron de acordo en dar o seu apoio ás bases que rexerán a concesión do servizo por un período de 40 anos. Unha prolongada adxudicación que dende o PSOE xustifican pola situación económica actual “dado que non habería ningunha empresa disposta a realizar un investimento tan elevado como o esixido se o período de adxudicación fose menor”.

Emilio Gónzález edil de asuntos económicos
No pleno de hoxe aprobáronse as bases de adxudicación da piscina
Periodo de explotación
E empresa adxudiataria ivnestirá 2 millóns de euros e xestionará o servizo durante 40 anos
Xaime Rei inauguración
O alcalde prevé como data de inauguración o 4 de xuño

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará