A polémica continúa en torno ao manifesto elaborado pola Concellería de Igualdade co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. O BNG entende que a decisión dos populares de non asinar o documento amosa a aposta deste partido por unha sociedade patriarcal e constitúe unha expresión de hipocrisía política.
Un texto que os populares rexeitaron apoiar alegando que o seu contido “non representaba ás mulleres de Redondela senón ás posturas ideolóxicas do bipartito local”.
Interpretación ben diferente é a que fan dende o BNG, quen entenden que a postura do PP amosa a súa aposta por unha sociedade patriarcal e constitúe unha nova expresión de hipocrisía política.
Neste sentido os nacionalistas fan fincapé na Lei de Familia, cuxo anteproxecto foi aprobado polo Consello da Xunta e que ao seu entender constitúe “a plasmación dun papel secundario para a muller, ao deixala ao coidado dos fillos e dos maiores”.
Engaden que este posicionamento do PP supón “unha involución clara e evidente por parte dos sectores máis reaccionarios da dereita, que entra na escena política tamén en Redondela”