Promover o reparto das tarefas no fogar e dotar aos participantes de habilidades na cociña son os obxectivos dun curso que comezará o vindeiro luns no Centro parroquial de Cedeira. os interesados pódense inscribir no teléfono 986 40 39 75
Organizado pola Concellaría de Igualdade este curso, incluído no Programa Compartindo o tempo, ten como obxectivos conseguir unha situación plena de co-responsabilidade, eliminar os estereotipos existentes sobre o reparto das tarefas e responsabilidades no fogar, e dotar aos participantes de habilidades e coñecementos precisos sobre a cociña.
O curso incluirá unha parte teórica que será impartida pola especialista en consumo Nieves Cuellar encargada de ensinarlles aos participantes distintas técnicas para a conservación, manipulación e etiquetado de alimentos, a compra responsable e o coñecemento de produtos de tempada. A parte práctica será impartida por Elena Argüello, cociñeira profesional con ampla experiencia como docente, que ensinará aos participantes a elaboración práctica de diferentes pratos de cociña.
O Curso, que comezará o vindeiro 4 de abril, desenvolverase os luns, de 20.00 a 22.00 horas, no Centro Cultural de Cedeira, para o que haberá que realizar unha inscrición previa na sede do Centro Cultural de Cedeira ou chamando ao número de teléfono 986 40 39 75.