O teatro afeccionado está tamén presente no Teatrarte. Será coa compañía de Cesantes “Os da Coviña” quen porán en escena a obra de Miguel Anxo Fernán Vello “A casa dos afogados”.
Un drama fantástico, tinxido fortemente de lirismo co que o autor acadara o 3º premio da Biblioteca do Arlequín. Unha obra que segundo explica a súa directora, Efigenia Medal “non é unha obra ao uso” na cal as protagonistas son “máis as sensacións que a propia historia. De feito, recoméndalle ao público que estea atento “non a comprender senón a sentir”. A obra representarase tanto o sábado como o domingo, en ambos os dous casos ás 20:00 da tarde. O prezo da entrada é de 4 euros para o público en xeral, dous para xubilados e estudantes.