Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O humor gráfico galego, a debate no Multiusos

RR_Noticias

Unha escolma dos máis destacados humoristas gráficos galegos participan esta tarde no Multiusos da Xunqueira nunca charla-coloquio organizada co gallo da exposición que estes días se pode ver en Redondela e onde se recollen reproduccións a gran formato de viñetas aparecidas nos principias medios de comunicación escrita.

Así, participan da mostra e da charla desta tarde os humoristas Luís Davila, Javier Aguilera, Gogue e Quesada de Faro de Vigo, Kiko Dasilva da la Voz de Galicia, Pepe Carreiro do Xornal, o Carrabouxo colaborar de Atlántico Diario e Sabela Aria, cuxas tiras aparecen publicadas en El Correo Gallego. Luís Davila, colaborador do Faro de Vigo e da revista Retranca, suliña o peculiar humor galego que permite enfrontar a actualidade poñéndolle un grao de crítica que as veces falta na información xornalística diaria. Recoñece tamén que hai temas “que é mellor evitar porque sabes que non van ser publicado2 e noutros casos a “censura” evítase “fiando moi fino”. A charla comezará ás 20:30 horas a cargo destes humoristas gráficos, que serán presentados e moderados polo crítico de arte Carlos Bernárdez. O acto estará ademais introducido pro unha vídeocreación a cargo do realizador redondelán Cuchi Carreira. A exposición, organizada pola Concellería de Cultura, permanecerá no Multiusos ata o vindeiro 28 de abril.

Luis Davila humorista gráfico
A retranca galega permite facer un humor diferente
Fiar moi fino
Para abordar certos temas e evitar a censura é preciso fiar moi fino

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará