Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marxe Esquerda, La acústicakasesina e A Tarantela Rabuda actúan en Redondela

RR_Noticias

A antigo mercado do gando volverá acoller este venres a final do concurso de maquetas que organiza o colectivo Millo Verde. Un cita musical que arrancará ás 21:30 horas e onde se escoitará a música de tres agrupación que pugnan por acadar o premio que lle permitirá actuar no festival dos vindeiros 11 e 12 de xuño.

Os primeiros en subirse ao escenario serán os integrantes do grupo punk redondelán, Marxe Esquerda. A continuación actuará o grupo La acústikasesina para ofrecer un repertorio de músicas variadas co obxectivo de facer unha festa participativa e finalmente, o público asistirá ao espectáculo mixto que vai dende o ska ata a rumba, pasando polo reggae e o country que ofrece no seu repertorio o grupo A tarantela rabuda. Esta é a IV edición do Concurso ao que se presentaron un total de 16 grupos procedentes de diferentes puntos do territorio galego así como de Portugal. O público asistente ao concerto será o encargado coa súa votación de elixir ao finalista, quen recibirá 300 euros de premio e obterá tamén o dereito a formar parte do festival que a Asociación organiza en Xuño. Un programa que xa está practicamente pechado e que nesta V edición contará coa presenza do grupo chileno Keko Yoma.

Campa MIllo Verde
Estilos variados para o concerto do venres
Festival do verán
A pesasr das dificultades económicas tentarán organizar un completo programa de actividades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará