O socialista Pachi Vázquez estará mañá no Multiusos para amosar o seu apoio ao candidato do seu partido á alcaldía, Eduardo Reguera. A nacionalista Cecilia Pérez Orge estará arroupada polo voceiro nacional do Bloque, Guillerme Vázquez.
As agrupacións políticas apuran na súa carreira cara as eleccións de maio con diferentes actos que buscan darse á coñecer entre os electores e acadar apoios aos seus candidatos.
Se onte era a Fronte Popular Galga quen presentada ao seu candidato, Alberto Covelo mañá xoves a quenda será para o PSOE.
A agrupación socialista celebra ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira un acto de presentación da candidatura á que asistirá o Secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez. O cabeza de lista Eduardo Reguera contará tamén co apoio do Secretario xeral provincial Modesto Pose e a rolda de intervencións completarase co discurso da número 3 da candidatura, Laura lago.
Tamén o Multiusos é o espazo elixido polos nacionalistas para presentar a candidatura que encabeza Cecilia Pérez Orge. A candidata contará tamén co apoio do voceiro nacional do Bloque Guillerme Vázquez así como co resto dos integrantes da lista. Será neste caso o venres ás 20:00 horas.