Os catro pasos atópanse no inicio da rúa á altura das escolas dos mestres, ante o antigo mercado do gando, nas inmediacións da discoteca La Fábrica e no centro de saúde. Nas vindeiras xornadas está previsto que se proceda ao seu pintado.
Finalmente as queixas veciñais tiveron resposta. Eran moitos os que se queixaban da elevada velocidade de algúns condutores ao circular por esta vía que comunica o centro da vila co peirao de Cesantes, sobre todo por tratarse dunha zona moi transitada xa que ás súas beiras atópanse varios centros escolares, o centro de saúde e varios locais de ocio nocturno.
As protestas incrementáronse logo de que o pasado mes de novembro un mozo de 15 anos perdera á vida logo de ser arroiado por un turismo ás portas da discoteca la Fábrica. Unhas protestas que se traducen agora na colocacións destes catro pasos de peóns elevados que teñen por obxecto obrigar aos condutores a reducir a velocidades cando circulan pola Avenida Mendiño e respectar así a prohibición de superar os 30 kilómetros por hora.
Con esta actuación a Subdirección Xeral de Estradas dá resposta a unha petición que o goberno local lle trasladara meses atrás, demandando a construción de pasos de peóns nesa estrada PO-363.
Unha medida que é aplaudida dende o PP. Apuntan os populares que esta actuación responde ás reiteradas peticións por parte dos veciños e acusan ao goberno local de non ter feiro nada “por dar resposta a esta demanda e solucionar o problema, sendo cada vez maiores os accidentes producidos na zona e chegando incluso a situacións moi graves”.