Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ONG redondelá Da Man promove a colaboración sanitaria e educativa en Senegal

RR_Noticias

A presidenta da Asociación, a médico pediatra Pilar Martínez fai un chamamento para que todos os veciños colaboren “non necesariamente con achegas económicas xa que a axuda pode ser de múltiples xeitos” cun país que se atopa nunha situación moi complexa, cun elevado índice de mortalidade infantil, de malnutrición e de analfabetismo.

De feito, Martínez lembra que comezaron colaborando na zona con proxectos exclusivamente sanitarios achegándolle medicación gratuíta a aqueles que a precisaban e desenvolvendo actividades formativas para mellorar a cualificación do persoal sanitario local pero que agora, e grazas tamén ao incremento das colaboracións, están a traballar tamén en proxectos agrícolas e educativos. Os seus proxectos máis inmediatos levaranos novamente ao Senegal o día 1 de outubro. Ademais de médicos e enfermeiros irán acompañados nesta ocasión por profesionais da arquitectura quen se comprometeron a colaborar coa ONG para construír unha escola onde os nenos poidan recibir clases, xa que actualmente non teñen esta posibilidade por carecer dun centro educativo nas proximidades. Tamén prevén a construción dunha horta e unha granxa escola que melloraría a calidade de vida dos habitantes da zona. Nas vindeiras semanas a ONG ten previsto desenvolver actividades informativas en Redondela, coa colocación de stands aproveitando a celebración da festa do Choco e da Coca así como a multitudinaria presenza de público co gallo do Festival Internacional de Títeres.

Pilar Martínez presidenta Da Man
Os primeiros proxectos era exclusivamente sanitarios
Novos proxectos
A construción dunha escola e dunha granxa atópanse entre os proxectos máis inmediatos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará