Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O secretario xeral do PP, Alfonso Rueda apoia en Redondela a candidatura que lidera Javier Bas

RR_Noticias

Nos primeiros postos da candidatura repiten os actuais concelleiros Miguel Álvarez no número 2 e Alberto Pazos no terceiro posto. A maioría absoluta pasaría por acadar o decimo primeiro concelleiro, posto que ocupa Julio Alonso Monteagudo. A totalidade da lista presentarase este xoves ás 20:30 horas na Casa da Torre.

Logo de presentar a algúns dos seus integrantes a contagotas ao longo dos últimos días, finalmente o PP de Redondela ten xa da data para a presentación oficial da totalidade da súa lista. Será este xoves ás 20:30 horas na praza da Casa da Torre. O candidato Javier Bas estará arroupado neste acto polo secretario xeral do PPdG Alfonso Rueda e o presidente provincial Rafael louzán.
Entre os nomes que concorrerán nesta lista electoral destacan o de Miguel Álvarez, actual concelleiro e que ocupa o número dous da lista, seguido de Alberto Pazos, voceiro dos populares na corporación municipal que parte como número tres.
Completan os cinco primeiros postos dous nomes de muller: os de Ana María Alonso Alonso e Teresa París Blanco, actual secretaria de Comunicación da Xestora. A primeira experta en dirección e finanzas e a segunda vinculada á área social aportan á lista popular “a visión de mulleres novas e con experiencia no eido laboral e no familiar”.
Nos últimos días deuse a coñecer tamén a inclusión nesta candidatura de Julio Alonso Monteagudo, persoa elixida polo PP para que se ocupe da área de cultura pola súa experiencia precisamente en xestión cultural.  De 42 anos de idade e veciño de Santo Estevo de Negros ocupa o número 11 da lista polo que, no caso de converterse en concelleiro logo do 22 de maio, sería o que lle outorgaría a maioría absoluta aos populares.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará