Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Camila Bossa: “Unha boa curta contén a esencia do cine”

RR_Noticias

As actrices Belén Constenla e Camila Bossa acompañaban na tarde de onte a Fernando Carreira “Cuchi” na presentación da VII edición do Festival Redondela en curto. A programación continuará durante toda a fin de semana con proxección no Multiusos e na Disco Tasca e o pase da película documental “La sombra y la imagen”.

O director do festival, Cuchi Carreira aproveitou o inicio do certame para agradecer o esforzo que hai detrás deste tipo de eventos que este ano presenta como novidade un salto cualitativo, xa que as proxeccións faranse en alta definición. Pola súa banda, Belén Constenla, como membro do xurado destacou a calidade das 16 curtas seleccionadas e que chegan ao festival avaladas por numerosos premios e recoñecementos a nivel estatal e que se poderán ver en diferentes pases ata o vindeiro domingo. Como convidada este ano para inaugurar o festival achegouse ao multiusos a actriz Camila Bossa quen destacou o bo ambiente que se respira no festival e animaba aos organizadores e ao público a seguir traballando para que actividades como esta continúen a pesar dos recortes orzamentario que afectan de cheo a todo o que teña que ver coa cultura. Facía fincapé ademais na importancia deste formato como escola para actores e directores e lembraba a dificultade moitas veces de recoller en poucos minutos complexas historias. A música estivo presente tamén na xornada de onte cunha actuación a cargo do grupo de música pop Belöp e previamente inaugurouse unha das actividades complementarias ao festival, unha exposición de pintura de Angel Barros Montero, unha mostra baixo o título”O privilexio do esforzo” a cargo deste autodidacta que traballou como restaurador no museo do Louvre (París) onde chegou a restaurar obras de Picasso, Sorolla, Tapies ou Matisse entre outros e que logo dun periplo vital que o levou a vivir moi lonxe da súa vila natal, actualmente reside na parroquia redondelá de Reboreda. Hoxe continuarán as proxeccións no Multiusos en pases ás seis, oito e dez da noite a un prezo de dous euros e de balde na medianoite poderase asistir tamén á sección alternativa na Disco Tasca onde se proxectarán seis curtas

Camila Bossa – Actriz
Na presentación do festival louvou o ambiente ao redor desta cita
Escola de actores e directores
Un difícil traballo recoller en poucos minutos unha boa historia
Belen Costenla – Actriz
Curtas avaladas por premios e recoñecementos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará